O administrador da bitácora Revolta da Freixa --páxina que paga a pena visitar de cando en vez para coñecer novidades editoriais en galego-- escribe un longo e moi interesante post sobre a novela O muiñeiro ouveador, de Arto Paasilinna, que a pesar de que Rinoceronte editou hai xa dous anos segue a ser unha oferta literaria de actualidade: "Gunnar Huttunen, un home do sur, instalouse despois das guerras na aldea de Suukoski en Laponia. Coa venda do pouco que tiña comprou un vello muíño arruinado, reparouno e púxoo en marcha xunto coa serra de auga.
"Aínda que a empresa foi un éxito, os veciños xa o consideraran un insensato por se meter no negocio do muíño. Como tamén divertía os nenos imitando animais e veciños, a sona de tolo botou a rolar como unha bóla de neve. A pinga que rebordou o vaso foi o dos ouveos. Cando Gunnar estaba deprimido ou co ánimo alterado dáballe por ouvear, ás veces noites enteiras. Os veciños non dormen e desexan encerralo nun manicomio, especialmente o médico e mais o ricacho da aldea. Lógrano con malas artes. Mais Gunnar dá fuxido do encerro coa axuda dun falso tolo (Hoppola) que se dedica ós negocios.
"A segunda parte da novela é unha fuga permanente do protagonista, que se mofa de veciños e autoridades coa axuda da súa namorada…"
Máis, en Revolta da Freixa.



0 Comentarios:
Publicar un comentario en la entrada