25 abr 2010

"Códice Calixtino"

"A obra Códice Calixtino de Luz Pozo Garza refire directamente á compilación de textos latinos do século XII que, baixo o mesmo título, se garda na catedral de Compostela. Este códice de temática xacobea é considerado unha guía para os peregrinos. Quizais a poeta pense tamén para a súa obra unha función similar: un guieiro amoroso, un guieiro existencial. A crítica encadra a obra de Luz Pozo na denominada promoción de enlace, etiqueta difusa que engloba aqueles autores que comezaron a súa produción poética nas décadas dos cincuenta e sesenta.
"Envolven Códice Calixtino un prólogo e un epílogo da man da autora, nos que reflexiona sobre a creación literaria e ofrece pautas para a lectura e a interpretación do poemario.
"Os poemas de Códice Calixtino xiran esencialmente en torno ao binomio eros e tánatos. Arredor, o ininterrompido paso do tempo. A obra estrutúrase en catro partes: Limiar, Códice Calixtino, Idea dunha cidade escura e Homenaxe."
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.