27 jun 2007

"O canto do muecín"

Levaba tres días así, sen poder oegar ollo e sentíase tan cansa… Ía polo deserto aborrecida do sol que nunca se poñía. Transformábase na sombra de Anthony Perkins cando en Psicose avanzaba pola parede cun enorme coitelo de matar os porcos, e cando o ía espertar no corpo estarricado da Sofía acordaba bañada nunha suor de sofocos.
Botouse da cama.
O muecín, en efecto, berraba o canto.
Lois Diéguez (Monforte de Lemos, 1944), enxeñeiro e escritor, publicou A torre de Babel, que foi a súa primeira novela, en 1968. Despois de numerosas entregas literarias, como A canción do vagabundo ou Monólogos no espello, Diéguez xa é unha das voces máis contundentes e orixinais da narrativa galega.
Edita A NOSA TERRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.