10 dic 2008

"O porco de pé", de Risco, cumpre oitenta anos

Escribe Anxos García Fonte:
“A importancia de Risco --tanto na formación e teorización do nacionalismo galego na preguerra coma na actualización e apertura da literatura galega ás correntes vangardistas-- fan imposíbel esquecerse del e da súa obra.
“Por esta razón, o oitenta aniversario de O porco de pé, a súa obra máis emblemática, é unha oportunidade excelente para revisar a súa contribución á literatura galega e a súa significación profunda.
“A celebración deste 80 aniversario deu lugar a un simposio sobre o autor e a súa obra narrativa máis difundida, O porco de pé, durante a primeira semana de decembro organizada pola Fundación Vicente Risco no paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense. Unha edición non venal facsimilar da obra, que inclúe un estudo de Manuel Outeiriño, publicada pola editorial Galaxia, e unha unidade didáctica, publicada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, xunto coas actas do simposio, constitúen a colleita resultante desta conmemoración.”
A transcripción deste artigo obedece a dúas razóns, poñer en valor o libro de Vicente Martínez Risco Agüero (1884-1963) no oitenta aniversario da súa publicación e, segundo, saúdar a saída á rúa do Xornal de Galicia, que desde onte é unha oferta máis nos quioscos galegos.
LIGAZÓN ao artigo “A publicación de O porco de pé, de Risco, cumpre 80 anos”, no Xornal de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.