27 dic 2010

"Sunset Park"

Paul Auster volve no Nadal, como os turróns ou as panxoliñas, cunha nova novela. Nesta ocasión é a quenda de Sunset Park, que xa está á venda nas librarías españolas. Auster escribiu unha obra coral onde o autor, galardoado co Premio Príncipe de Asturias, retoma temas como o destino, a culpa, a inocencia da xuventude ou a situación política e social dos Estados Unidos. 
Sunset Park toma como punto de partida a vida de Miles Heller, un mozo de vinte e oito anos, que aos vinte desanoou os lazos que o unían ao mundo que ata entón coñecera; abandonou a universidade, despediuse con nocturnidade e unha breve nota dos seus pais, deixou Nova York, e ninguén volveu saber nada del. 
Agora vive en Florida, e traballa para unha empresa ao servizo dos bancos da zona, que se encarga de baleirar as vivendas dos desafiuzados que en plena crise non puideron seguir pagando a súa hipoteca, preparándoas para unha nova venda. 
Miles non ten ambicións, vive co mínimo, mantén relacións moi escasas coa xente e co mundo, e os seus únicos luxos son os libros, que compra en edicións baratas, e a cámara dixital coa que documenta os fantasmas...   
Seguir lendo, en Xornal de Galicia
Editada en galego por GALAXIA (en castellano, ANAGRAMA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.