24 ene 2007

"Fundaxes"

Martín Veiga (Noia, 1970), poeta e ensayista, é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e doctor en Estudos Hispánicos pola University College Cork (UCC), de Irlanda.
Profesor do departamento de Estudos Hispánicos da UCC, no eido do ensaio levou a cabo varios traballos sobre a vida e a obra de Antón Avilés de Taramancos, entre os que salienta a edición do volume Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos (2003), a Biografía de Antón Avilés de Taramancos (2003), e a edición comentada de Cantos caucanos (2003) do poeta noiés.
A obra poética de Veiga, presente en diversas antoloxías, foi recoñecida, entre outros, cos premios Espiral Maior, Esquío e Fiz Vergara Vilariño. Os títulos máis destacados son Tempo van de porcelana (1990), As últimas ruínas (1994) e Ollos de ámbar (2005). O presente libro, Fundaxes, foi galardonado co Premio Fiz Vergara Vilariño correspondente á edición 2006.
Edita ESPIRAL MAIOR

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.