28 mar 2007

"New York, New York"


Por moitas películas que se fagan e moitas novelas que se publiquen, nunca se coñece a fondo e de verdade a megalópolis da cidade de Nova Iorque ata que se vive nela, nun dos seus variados, contraditorios e cosmopolitas corazóns. As tripas da cidade física e a multirracial condición da súa humanidade poden cospir e tamén acubillar.
New York, New York é un diario escrito co ritmo dos filmes norteamericanos e con banda sonora de Frank Sinatra.
Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978) combina realidade e ficción, mesmo da ao seu libro algúns toques de comedia e ás veces escoítanse os desarraigamentos de certos persoaxes. Sensacións, vivencias e ideas que López Silva transmite con senso do humor e tamén do absurdo, cunha linguaxe directa que se corresponde ca intensidade da vida que flúe polas rúas dunha das capitais --pode que a principal-- económicas e políticas do planeta.
[Edita: GALAXIA]

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.