"Louis Althusser xa advertira que Karl Marx fora un filósofo que recusou escribir filosofía, cando menos de forma tradicional. Ao escribir O capital, Marx tería practicado a filosofía que nunca escribiu. Esta práctica está contida no achado teórico de Marx que sería o da teoría da historia e a economía política, a descuberta do capital, que Marx practica sen producir un concepto de seu, novo, nunha obra filosófica rigurosa. Os textos que Aínda, O Capital lles presenta ao lector e a lectora aprofundan nesta descuberta teórica.
"Unha vez máis na longa historia das diferentes recepcións de O capital e os escritos que o contornan, Aínda, O Capital pretende ofrecer unha lectura con novos materiais críticos. Non obstante, sería inxenuo pensar que dun tal confronto cos textos de Marx ten de xurdir unha lectura certa e inequívoca que vaia dar resposta a todas as cuestións que o capitalismo suscita. Interpretacións contrapostas de Marx ten habido e, afortunadamente, moitas outras haberá. Aínda, O Capital quere contribuir a isto nun debate galego que está por realizarse. Os seis textos que nel se presentan non son a interpretación certa de Marx. Son unha posibilidade de lelo e reflesionalo."
[O texto enriba reproducido é o da presentación do libro que redactou a editorial]
O autor deste libro, José María Durán Medraño (Vigo, 1971), é doutor en Historia do Arte e traballa como docente e investigador nos institutos de Historia do Arte e o de Filosofía da Universidade Libre de Berlín. É membro da equipa de investigación que estuda O capital na mesma universidade alemá, baixo a dirección do profesor Frieder Otto Wolf.
Durán Medraño publica regularmente artigos nas revistas A Trabe de Ouro, Nómadas e ArtNotes, da que é correspondente en Berlín.
Edita LAIOVENTO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.