15 dic 2009

"Facendo historia con memoria"

O historiador e catedrático da Universidade de Santiago Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa, Ribadeo, 1961) ven de publicar Facendo historia con memoria, libro no que fala dun pasado que numerosos cidadáns prefiren esquecer.
Trátase dun pasado que aínda está vivo entre os sobrevivintes da ditadura --cada vez máis escasos-- e que fica descoñecido entre os que naceron a partir dos últimos anos sesenta. Sen esquecer que se trata dun pasado deformado.
O libro é unha escolma de artigos publicados por Fernández Prieto no xornal La Voz de Galicia, aos que se suman o texto Memoria do 36. Esquecendo e lembrando de Tui a Ribadeo, publicado na revista Tempos Novos; a conferencia O franquismo no faidado da historia, que o autor ofreceu no decembro do 2004 no Club Cultural Valle-Inclán, de Lugo, e máis Paisaxe e historia para un pregón, o que pronunciou na Atalaia de Ribadeo co gallo das festas locais do ano 2005.
Edita TRES·C·TRES

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.