16 nov 2007

"Mar de tormenta"

Ésta es la historia de la última gran campaña naval: la guerra del Pacífico, que culminó en 1944 con la batalla del golfo de Leyte, la mayor de todos los tiempos, en la que participaron 300 buques y cerca de 200.000 combatientes.
Una historia que Evan Thomas cuenta a través de la experiencia vivida por cuatro hombres: por el lado de los norteamericanos, el almirante Hasley y el comandante Evans, un indio cheroqui que condujo su buque a la destrucción en una carga suicida; y por el bando de los protagonistas son el almirante Kurita, que optó finalmente por salvar las vidas de sus hombres, y el almirante Ugaki, un samurai que recibió el mando de todos los kamikazes y se convirtió él mismo en el último suicida de esa guerra.
Thomas, que ha reconstruido esta historia no sólo a partir de los documentos sino también de los testimonios de los supervivientes, ha escrito un libro inolvidable que conjuga la épica de la guerra en el mar con el dramatismo de las historias personales de sus protagonistas.
Edita CRITICA

"As pontes no ceo" pecha a triloxía "Vidas de infancia"

Con As pontes no ceo péchase a trioloxía Vidas de infancia que Ramiro Fonte decidiu emprender para reconstruir os ecos do Pontedeume de finais dos anos sesenta.
Se nos dous primeiros volumes no relato primaban a vida familiar e o ámbito da escola, nesta terceira entrega o foco argumental alumea as voces da colectividade.
Velaí o límpido engado desta serie: o espazo mínimo dunha vila, un tempo gris e un cento de figuras inesquecibles, merecedoras de pasar á historia literaria e asumir a representatividade da raza humana.
Coma un retratista desas cousas coas que se asaña o esquecemento, o autor arma, cunha prosa xenerosa, unha novela de vivos mortos e de mortos vivos. Unha obra que mestura lirismo, oralidade, técnica teatral, erudición e filosofías de rueiro e que, baixo os presupostos da narrativa clásica, indaga nas raíces da vocación literaria.
Edita XERAIS

"Ao pé do abismo"

Ao pé do abismo é unhamostra da engaliolante prosa xornalística de Rosa Aneiros, e inclúe textos tan deslumbrantes como A última vaca, Premio Caixanova-Francisco Fernández del Riego de Xornalismo.Literatura e xornalismo, realidade e ficción. Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase coa mentira pero o lector nunca sabe cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecido polo neboeiro dos datos, das apariencias, dos nomes.
Son retallos que navegan entre a realidade e a ficción, un baile arriscado ao pé do abismo.
Dos terribles titulares de prensa ao nordés que varre o rostro na frouxeira. Das estadísticas que anulan os rostros á ollada de Carol nunha favela de Brasil. Das perlas que se perden no maremoto de Asia ao silencio de area do pobo saharaui.
Todas esas mentiras e verdades fican atadas tan só por un fío de herba. É un mollo de emoción que talvez permita atrapar por uns segundos o efímero e aturuxador cotío que sempre foxe. A realidade nunca estivo tan lonxe. Ou non.
Edita XERAIS

15 nov 2007

"A noite d'O Risón"

Hai coarenta anos, nun bar de pescadores dunha vila da costa do Cantábrico, nunha noite de treboada coma non se lembra outra, un grupo de mariñeiros atrapados en terra polo temporal e outras personaxes misteriosas comenzan a contar historias sobre tormentas, naufraxios e mortos.
O protagonista de A noite d'O Risón pasará unha noite inesquecible xunto a eles. Neste libro do imaxinativo Gonzalo Moure as lembranzas dunha persoa allea ao mundo de mar mestúranse cos relatos dos mariñeiros... E as lembranzas tamén mestúranse coa imaxinación dos lectores, mesmo coa dos que non teñen ou non saben traballar ca imaxinación, pois Moure aporta o alimento que fai medrar a imaxinación.
Edita XERAIS

14 nov 2007

"Albert Camus, exaltación de España"

Tras recibir el Premio Nobel de Literatura, Albert Camus se reunió en París el 22 de enero de 1958 con los republicanos españoles para decirles: "Yo no os abandonaré jamás y siempre seré fiel a vuestra causa". De este y de otros episodios deja constancia este libro de Javier Figuero.
Había rechazado todos los homenajes previstos en Francia, pero era de "la misma sangre" que ellos y sentía que "su literatura, su pueblo y su tradición" eran una deuda con España que no se extinguiría "jamás", según él mismo dijo. Los gestos de Camus por España nunca fueron aislados ni improvosados.
Hijo de una familia de origen español, Camus amó a su madre "con desesperación", descripción que también definía su amor a España. Desde sus inicios como periodista en Argel sufrió el drama de la Guerra Civil española "como una tragedia propia", y el deseo de limpiar la humillación que sufrió España amanos de los enemigos de la libertad fue una motivación insoslayable y, también, la frustración más amarga de su vida, junto a la evolución de la vida social y política de Argelia.
"Europa --según Camus-- nada sería sin España". Enemigo del militarismo que "esclavizó" España y de la Iglesia que "santificó" el despropósito vergonzante de Occidente, Camus alzó incansable su voz en favor de "la única tierra" con la que se sentía "plenamente identificado". Motivo por el que movilizó a numerosos intelectuales en apoyo de la II República y se involucró en las iniciativas del exilio español. "Fue un quijote y uno de los nuestros", dijo de él Salvador de Madariaga.
Edita PLANETA