16 nov 2007

"As pontes no ceo" pecha a triloxía "Vidas de infancia"

Con As pontes no ceo péchase a trioloxía Vidas de infancia que Ramiro Fonte decidiu emprender para reconstruir os ecos do Pontedeume de finais dos anos sesenta.
Se nos dous primeiros volumes no relato primaban a vida familiar e o ámbito da escola, nesta terceira entrega o foco argumental alumea as voces da colectividade.
Velaí o límpido engado desta serie: o espazo mínimo dunha vila, un tempo gris e un cento de figuras inesquecibles, merecedoras de pasar á historia literaria e asumir a representatividade da raza humana.
Coma un retratista desas cousas coas que se asaña o esquecemento, o autor arma, cunha prosa xenerosa, unha novela de vivos mortos e de mortos vivos. Unha obra que mestura lirismo, oralidade, técnica teatral, erudición e filosofías de rueiro e que, baixo os presupostos da narrativa clásica, indaga nas raíces da vocación literaria.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.