19 ene 2008

"A esforzada conquista da autonomía"

Velaquí a crónica dun tempo aparentemente breve, pero extraordinariamente intenso, que marcou o desenvolvemento da sociedade galega nas últimas décadas: a xestación e conseguinte aprobación do Estatuto de Autonomía (1979-80) no marco da Constitución Española de 1978.
O relator é un cronista excepcional, testemuña directa dos feitos. A súa ollada, documentada e clarificadora, apunta perspectivas novas verbo de capítulos non sempre ben coñecidos daquel proceso, decisivo na configuración da realidade política e social da Galicia de hoxe.
Manuel Ceferino Díaz (O Saviñao, Lugo, 1947), licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago, foi secretario de Relacións Políticas (1979-1980) e vicesecretario xeral (1980-1982) do PSdG-PSOE.
Entre 1973 e 2000 foi profesor na Facultade de Ciencias Políticas da USC, traballo que partillou coa actividade política como deputado no Parlamento Galego (1981-1997). Dende o ano 2000 é parlamentario no Congreso dos Deputados. Membro destacado da corrente galeguista do socialismo, tivo un papel relevante no recoñecemento de Galicia como nacionalidade histórica no actual Estatuto da Autonomía.
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.