24 ene 2008

"O estatuto galego durante a II República"

No abrente democrático da II República, Galiza ensaiou o seu primeiro intento de autonomía política. En decembro de 1932 os concellos galegos, constituídos en asamblea, elaboraron un proxecto de estatuto.
No en tanto, o proceso autonómico galego non estivo libre de obstáculos. A xenerosidade e compromiso dos galeguistas non podía ocultar a súa debilidade; a evolución da conxuntura política tampouco axudou.
Este libro pretende ofrecer unha síntese dos traballos encamiñados a fornecer a Galiza dun Estatuto de autonomía ao longo da II República.
Prudencio Viveiro Mogo (O Valadouro, 1974) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2004 publicou Política, eleccións e fidalgos. O réxime do Estatuto Real na provincia de Lugo, libro dedicado á análise da transición do Antigo Réxime ao liberalismo en Galiza. É tamén autor de varios artigos, publicados en revistas especializadas, dedicados ao estudo da construcción do Estado liberal en Galiza. Traballa no Consello da Cultura Galega.
Edita DO CASTRO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.