
As súas raíces afondan na memoria máis antiga da nosa cultura e, a pesar das prohibicións cíclicas ao longo da historia, rexorde cun pulo sorprendente.
Este minucioso traballo de campo leva ao lector a través das máis diversas e carnavalescas paisaxes da nosa xeografía: as máscaras da cultura rural, os Monos e Mecos, os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, os rechamantes Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamboreadas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marfois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres… E tamén a rica tradición do carnaval nas vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os Apropósitos de A Coruña… Un libro que afonda na profunda significación da festa.
Edita XERAIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.