15 ago 2007

"María das batallas"

Escrita con toda a forza e a intensidade dos acontecementos que nela se narran, María das batallas é a biografía novelada de María Pita e das mullers do barrio da Pescadería na defensa da cidade da Coruña fronte ao ataque das tropas de sir Francis Drake.
Cunha prosa directa e ricaz, e a través da voz dos personaxes que viviron aquel tempo, Alfredo Conde (Allariz, 1945) traza nesta novela o puzzle brutal dos destinos que se cruzaron no cerco da Coruña.
O autor de Xa vai o grifón no vento volve compartir con lectores e lectoras uns feitos e unha aventura inesquecibles.
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.