30 ene 2010

"O náufrago"

A Fundación Eduardo Pondal ven de presentar en Ponteceso o relato O náufrago, de Xosé Antonio Pet Posse. A trama e os contidos da novela, segundo reflicte o texto de presentación da editorial, teñen raigames moi galegas:
"Nos confíns da Costa da Morte rexistráronse ó longo do século XIX naufraxios arrepiantes cuxos pormenores foron recollidos por cronistas locais e polos xornalistas daquela época. Envoltas nunha nebulosa, ás veces convertidas en lendas, tivemos coñecemento destas traxedias mariñas dun xeito parcial e inexacto. As crónicas de tales naufraxios remataban cun breve relato das súas causas, un reconto de mortos e desaparecidos e a cifra abraiante dos que salvaron a vida. Despois un silencio de ultratumba, coma unha lousa, condenounos ó esquecemento.
"O náufrago é a historia de John Mac Barbour, un mozo escocés, tripulante do City of agra, buque que se esnaquizou nos baixos de Canesudo (Arou, Camelle) o 3 de febreiro de 1897. O relato comeza no amencer daquel fatídico día e recolle as visicitudes da súa vida, o que lle aconteceu ó intrépido escocés naquela terra afastada do mundo, onde o destino lle tiña reservadas aventuras e desventuras. É ademais, a crónica dunha época na que a xente dos confíns da Terra arrastraba o fastío dos días entre penurias e supersticións".
Edita SOTELO BLANCO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.