26 dic 2010

"Reckless. Carne de pedra"

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Cornelia Funke, asinada por Enrique Clemente, a raíz da publicación do seu libro Reckless. Carne de pedra, que Xerais ven de editar en galego simultaneamente ao seu lanzamento internacional. 
Na entrevista, a autora alemá explica de onde xurdiu o seu interese polos contos galegos: «Uns nenos galegos escribíronme dicíndome que hai bruxas moi especiais en Galicia. Estou moi ilusionada e quero decatarme máis desas historias porque todos os meus amigos españois ou de fala hispana que residen en Los Ángeles, onde eu vivo, chámanme bruxa».  
A relación de Cornelia Funke con Galicia establécese, sobre todo, a partir dos seus lectores e lectoras, que demandan a súa presenza no noso país. Isto é o que a autora alemana di que lle solicitan: «Cornelia, tes que vir a Galicia porque temos bruxas e contos de fadas moi especiais». Logo endade: «Cando prepare o cuarto libro, desde logo que irei alí para coñecer ás meigas».  
Na entrevista tamén fala dos contos populares, da versión cinematográfica de Reckles. Carne de pedra, de literatura infantil, de internet e dos videoxogos.  
LIGAZÓN á entrevista completa, en La Voz de Galicia.  
Edita XERAIS

1 comentario:

  1. Máis información sobre a autora, con foros etc. en
    www.corneliafunkefans.com/es

    ResponderEliminar

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.