7 oct 2009

"O contador de estrelas"

Antía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida. Debía botar dous meses acompañado á nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver todo mudou; el abriulle a porta da astronomía e do namoramento.
Xuntos enfrontaron os incendios que provoca o misterioso Piloto vermello. Aquel verán acabou sendo o dos mayores lumes e o incendio máis xigantesco que coñecera o corazón de Antía.
O contador de estrelas, de Jaureguízar, é unha novela sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dunha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lle dan a volta á súa visión inocente da realidade.
Edita ALFAGUARA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.