23 feb. 2008

"Das novas cousas de Ramón Lamote"

"Vintetres anos despois daquela primeira descuberta: Das cousas de Ramón Lamote, coa que Paco Martín gañou o primeiro Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que recibiron as nosas letras (1986), o autor presenta na Colección Árbore (Galaxia) novas andainas do celebrado personaxe.
"Un acontecemento. Non podemos cualificalo doutro xeito. Había tempo que agardabamos de Paco Martín este novo encontro cun dos personaxes literarios máis populares das nosas letras: Ramón Lamote.
"Das novas cousas de Ramón Lamote xa anda nas librerías e, en entrando este mes de febreiro, co primeiro canto dos paxaros e segundo se achega a primavera, iniciaremos as presentacións de tan celebrada nova. Seguramente, empezaremos por Vilalba, por desexo do propio autor (non sabemos se tamén do señor Lamote Miñato).
"Miles de rapaces e rapazas, hoxe adultos, se cadra xa con fillos, leron aquela primeira entrega coa que Paco Martín rompeu fronteiras en 1985: Premio Barco de Vapor, Premio Losada Diéguez, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil..."
[O texto reproducido forma parte da presentación da editorial]  
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.