4 mar 2008

"Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra"

Este libro é un retrato global de Xosé María Álvarez Blázquez e da súa inmensa obra cultural. Poeta, narrador, dramaturgo, ensayista, filólogo, folclorista, bibliófilo, filatélico, conferenciante, historiador, arqueólogo, creador dun museo, xornalista radiofónico, profesor, cronista oficial da cidade de Vigo e editor xenial, Xosé María Álvarez Blázquez foi tal vez o intelectual galego máis completo e poliédrico do seu tempo.
Desde o coñecemento erudito e a profunda admiración e o amor á súa figura, de quen foi colaborador durante catro anos, Darío Xohán Cabana realiza un completo percorrido biográfico, ao tempo que un estudo profundo da súa obra literaria galega, das súas grandes escolmas e estudos literarios e do seu labor como editor e primeiro responsable de Edicións Monterrey e Edicións Castrelos.
Este é un volume imprescindible para o coñecemento da súa figura e do seu traballo hercúleo de quen a sociedade galega homenaxea no Día das Letras Galegas 2008.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.