16 jun 2008

"Toponimia de Galicia"

Nos nomes de lugar vive oculta a memoria do que somos. Velaquí, do A ao Z, a toponimia de Galicia reunida nun libro que profunda na súa etimología e no seu significado con amenidade e sinselexa. Un libro que descobre nos topónimos galegos a mensaxe que nos deixaron os devanceiros desde o cerne da historia. De lectura doada, mais tamén resultado dun rigoroso traballo de investigación, esta obra achega aos lectores os milleiros de nomes que definen unha terra e unha cultura.
Fernando Cabeza Quiles (Ponferrada, 1953), licenciado en Filoloxía Hispánica, dedícase ao estudo e divulgación da toponimia galega e é autor dos libros Os nomes de lugar (1992) e Os nomes da terra (2000).
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.