19 sept. 2008

"Antígona. A cartuxeira. Neuras"

Traxedia, drama e comedia, velaquí tres pezas teatrais de María Xosé Queizán (Vigo, 1939) que explotan os diferentes rexistros do xénero dramático vencellándoo á realidade, á literatura como responsabilidade ética.
Acción, palabra, actividade pública, compromiso…
En Antígona. A cartuxeira. Neuras a palabra xera o contacto co mundo e inicia un compromiso que atinxe o pensamento, os criterios e as convincións.
Tres situacións que explotan a realidade para lle quitar a máscara, que aproveitan a capacidade do xogo teatral para establecer correspondencias entre escena e realidade.
Edita GALAXIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.