A autora de O país das bestas, Eva Moreda (A Veiga, Asturias, 1981), debutou na literatura galega en 1997 coa narración Breogán de Guisamonde, que obtivo o Premio Rúa Nova e foi publicada na colección Nova 33. As súas últimas obras publicadas son O demo e o profundo mar azul (Edicións Positivas, 2003), Singularis Domitilla (USC, 2004), e O país das bestas, que presenta o sabado 6 de xuño na Casa das Letras.
Ademáis, Eva Moreda contribuíu nos eidos da narrativa, a poesía e o ensaio a varias antoloxías e publicacións periódicas, e a súa obra viuse recoñecida por galardóns como o Premio Ourense de Contos ou o Historias na Universidade organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Licenciada en Filoloxía Clásica e en Musicoloxía, na actualidade a súa actividade profesional desenvólvese en Londres nos campos da tradución, a docencia e a investigación universitaria.
O país das bestas é unha novela que reflicte o mundo dos comuneiros e dos gandeiros marcados pola violencia da postguerra.
Edita BIBLOS
[ENLACE a la entrevista a la autora, publicada en LA VOZ DE GALICIA]
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.