Nos anos vinte do pasado século, un grupo de intelectuais coñecidos como Xeración Nós comenzou, mediante a producción literaria de distintos xéneros e mediante a actividade política, a artillar e a reinterpretar as nocións esenciais da identidade de Galicia logo de varios séculos de represión cultural e de centralismo.
Craig Patterson, figura destacada da nova xeración de estudosos da literatura galega alén das nosas fronteiras, examina neste libro as ideas e as fontes que deron forma a esta recuperación cultural, así como a súa peculiar configuración, a través da análise de Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), o intelectual máis destacado desa promoción.
Otero tivo un relevante papel na vida intelectual e cultural de Galicia durante a mayor parte do século XX, especialmente no tempo en que a expresión da galeguidade, cultural ou política, estaba limitada e fortemente reprimida polo réxime de Franco. En O devalar da idea. Otero Pedrayo e a identidade galega, publicado inicialmente en inglés por The Edwin Mellen Press, Craig Patterson estuda en profundidade o tema da identidade cultural, tan intrínsicamente asociado con el, desde a perspectiva dos estudos culturais, a total versatilidade intelectual de Otero e a súa posición como líder desa xeración de escritores e pensadores galegos, cando menos no seu papel como antropólogo.
Edita FUNDACION OTERO PEDRAYO

No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.