6 jul 2008

"Os nomes do traidor"

Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras declarar en contra dun narcotraficante. Agachado nunha urbanización, o protagonista de Os nomes do traidor, agrada o momento en que os seus inimigos por fin o atopen e asesinen. Mentres agrada, o perseguido reflexiona sobre as distintas e sucesivas identidades que tivo na súa vida, ningunha delas tan satisfactoria como para que pagase a pena loitar por defendela.
A través dunha multiplicidade de voces e rexistros expresivos (a do protagonista, a da súa muller, a dos sicarios, a da súa filla, a do narco que planea venganza…) Xurxo Sierra Veloso vai abrindo unha intriga que ofrece dous niveis de lectura. A medio camiño entre o xénero negro e o psicológico, Os nomes do traidor consegue crear unha tensión narrativa, ben dosificada, que preside a vida oculta do protagonista e que nos remite a unha novela extraordinaria expresión cinematográfica.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.