Marta, a protagonista deste relato, é orfa de nai desde o seu nacemento, e foi criada pola súa vella ama e máis polo seu pai, un home celoso que se sente incestuosamente atraído pola filla.
A autora, Nélida Piñón, tece nesta novela un texto no que a língua, a terra e o corpo da muller se mesturan de xeito substancial e constitúen unha fonda pescuda en prol da expresión literaria como exploración de conflictos e emocións, como labirinto que cómpre percorrer para chegar á cerna oculta da realidade.
A casa da paixón, publicada no Brasil en 1972, obtivo o Premio Mário de Andrade da Associaçâo de críticos de Arte en Sâo Paulo ao mellor libro de ficción.
Nélida Piñón (Río de Janeiro, 1937), filla de emigrantes procedentes de Cotobade (Pontevedra), é unha das grandes figuras da literatura brasileira contemporánea, con obra ampla e variada, aínda que os seus grandes logros se centran preferentemente no campo do romance.
No ano 1989, ingresou na Academia Brasileira das letras, da que tamén foi presidenta. Entre as suas obras destacan Guía-Mapa de Gabriel Arcanjo, Madeira feita cruz, Tempo das frutas, A casa da paixao, A roda do vento e Voces do deserto, entre outras.
No ano 1992, o Parlamento de Galicia outorgoulle a Medalla Castelao, e no 1998 foi nomeada Doutora Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela, converténdose na primeira muller en ser distinguida con esa honra en cincocentos anos. Tamén recibu o Premio Principe de Asturias no 2005.
Edita GALAXIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.