28 nov 2006

Cid Cabido gaña o Premio Táboa Redonda con "Blúmsdei"

Blúmsdei ven de gañar o Premio Táboa Redonda ao mellor libro galego do ano 2006, que otorgan os lectores dos Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo.
Nembargantes, o relato de Cid Cabido non é un traballo que ata o de agora merecera --polas razóns que foran-- a atención dos creadores de opinión ou dos críticos literarios. O autor, home sinxelo e pouco amigo dos fastos, non se prodiga nos medios de comunicación, e menos aínda nos convencionais.
O premio acadado grazas ao respaldo dos lectores de dous xornais galegos é, por riba de criterios máis comerciais que literarios, unha garantía da orixinalidade do texto, pois acadar a atención dos cidadáns sen facer propaganda é cada vez máis difícil, aínda máis no mundo das letras.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.