Hoxe, no ribadense Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, na parroquia de Vilaframil, presentouse o libro Pedro Murias: Tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa, de Ana Cabana.
O libro se publica no marco das xornadas adicadas ao fundador da escola, xusto o día no que se están a cumplir os cen anos da morte do indiano; razón pola que tamén abríuse ao público unha exposición sobre a vida e obra de Murias.
Pedro Murias naceu o 20 de maio de 1840 en San Xián dos Carballos, nome da vella parroquia da Devesa. No ano 1865, Murias emigrou a Cuba, onde o seu primeiro traballo foi como obreiro nunha fábrica de labores de tabaco, oficio no que ascendeu ata converterse en torcedor.
No ano 1870 unha grave doenza lle obligou a voltar a Galicia, pero dez meses despois regresou a Cuba e fundou a súa propia compañía de tabacos, na Habana, á que bautizou La Meridiana (1874). Anos despois, Murias creou as súas propias marcas, unha das maís afamadas foi a chamada La Devesa, en homenaxe do seu lugar de nacemento.
Murias mercou grandes extensións de terreo na provincia cubana de Pinar do Río, ata que se converteu nun dos máis importantes empresarios do sector agropecuario. Tamén fundou unha fábrica de cervexa, foi accionista de varias sociedades industriais e mesmo foi propietario dunha flota de embarcacións adicadas ao transporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.