13 nov 2006

"A cova das vacas mortas"

Xa está á venda A cova das vacas mortas, o novo libro do ribadense Santiago Jaureguizar. Este traballo foi galardonado co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.
O relato está baseado na historia de Xoel, un mozo de Negreira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto de vida que leva, o rapaz soña con marchar e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que o seu avó, viúvo e emfermo, chega dende Berlín. Entre a equipaxe, o vello trae unha maleta chea de fitas de cine e máis unha cámara super 8. O avó cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora do cine alemá Leni Riefenstahl, que traballou para o réxime nazi e fo acusada de simpatizar cas teorías da raza superior. Neses días, Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo. Entre os dous xóvenes nacerá unha historia de amor enfrontado.
Jaureguizar é, como dí el mesmo, un ribadense de Bilbao, onde naceu en 1965. Dende 1968 ata 1983 viviu en Ribadeo e na actualidade, en Lugo, onde traballa no xornal El Progreso.
Jaureguizar é un bo amigo da Casa das Letras, onde presentou o seu libro Cabaret Voltaire, e onde tamén compareceu con Gonzalo Moure cando éste publicou En un bosque de hoja caduca.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.