20 jul 2007

"Episodios de terror"


Episodios de terror durante la Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón é un libro de pescuda, de síntese e de recuperación da memoria histórica, como froito do longo traballo feito por Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure.
Os autores sintetizan todo o que se leva escrito até o de agora sobre o período da Guerra Civil na provincia de Pontevedra, centrando o libro arredor do campo de concentración de San Simón e a súa colonia penitenciaria.
Episodios de terror recupera máis de catro mil nomes de perdedores da Guerra Civil, incorporando tamén os nomes das persoas que asinaron as sentenzas ou os das que, segundo os testemuños orais e as investigacións, actuaron como asasinos nas estradas.
Este libro recrea os terribles momentos dos paseos e os paseadores; o papel dos militares; unha visión sobre os campos de concentración en Galicia, cunha descrición detallada da illa de San Simón; o papel da Igrexa Católica; a solidaridade de parte do pobo; a reparación dos danos morais, e outros moitos aspectos que o fan un libro imprescindíbel para coñecer o que pasou e que moitos prefiren esquecer --algúns por interese. 
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.