Seis cordas e un corazón foi posiblemente o primeiro libro galego escrito en argot urbano. O seu argumento bebe dos temas claves da cultura moza de finais dos oitenta: sexo, drogas e rock and roll.
A súa escrita visual e fluída, cercana ao cómic e ao cine, e as súas personaxes e aventuras urbanas e disparatadas, converteron o libro nun éxito inmediato. Seis cordas e un corazón ten a virtude de rir de todo e de todos, comezando polo propio libro e o seu autor; soou coma un petardo ás portas da literatura galega.
Este libro de Roque Morteiro beneficiouse de aparecer no momento adecuado: cando a literatura galega se debatía en discusións interminables entre tradición e modernidade e cultura urbana e cultura rural, Seis cordas e un corazón deitou boca arriba todas as cartas sobre a mesa dun golpe, sen pedir permiso nin desculpas. O libro abriu as portas a unha nova temática e a un novo público que raramente atopaba un espazo na literatura galega desa época.
Edita XERAIS

No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.