Este libro de Francisco Álvarez presenta a cara B do soño americano: É a Nova York que non ven os turistas. Dezaoito relatos que falan do naufraxio de todos os soños. Pero tamén hai máis cousas: a batalla pola dignidade, o fracaso, as burlas e os azares do destino, as dentadas da vida que tanto doen. Tamén é un xeito saudoso de definir a terra galega é falar dos emigrantes e dos náufragos.
Galiza foi sempre produtora de afogados e de desterrados. Pero hai naufraxios que non rematan coa chegada a ningún porto. Estes son os dos protagonistas de Ratas en Manhattan, heroes correntes cunha identidade invisible, agachada acotío por mor dos virus que borran a memoria. Son experiencias que nos levan a un espazo fronteirizo, de loita pola supervivencia e de busca ilusoria da felicidade.
Nesta xeografía emocional, da transición entre o apego e a perda, recoñécese o home no límite da súa condición humana.
Esta paisaxe, a da contradición e dos sentimentos mesturados, é o territorio onde de sitúa Ratas en Manhattan.
Esta paisaxe, a da contradición e dos sentimentos mesturados, é o territorio onde de sitúa Ratas en Manhattan.
Nun fondo de rañaceos, como nas profundidades do abismo, esta obra enfía curtos relatos de ficción que ben poderían ser verdade, historias nas que a vida é un xogo de ruleta rusa, nas que a loita desapiadada, nun espazo desesperanzado no cal azoroñan as ratas, supón unha fuxida constante da morte.
[O texto reproducido é un resumo da presentación da editorial]
Edita SOTELO BLANCO
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.