"Nos libros de texto é costume ofrecer a imaxe do territorio galego segundo a conformación actual. As catro provincias de agora valen para os diferentes períodos, desde os tempos do megalitismo á Idade Media, o século XVIII, ou para representar o mapa comarcal vixente. Non obstante, os límites galegos que hoxe coñecemos teñen menos de século e medio, e antes da revolta dos Irmandiños ou da existencia dos reinos máis antigos da Península a dinámica era diferente. Así consta nos libros dos historiadores, aínda que é difícil encontrar visualmente a súa plasmación.
"Para conseguir este obxectivo os profesores José Manuel Barbosa e José Manuel Ribeira elaboraron o Atlas histórico da Galiza, que en 84 mapas e 70 textos tenta informar da evolución do país desde os tempos da prehistoria. Barbosa mergullou durante cinco anos en estudos de moi diversos autores."
Máis información desta novidade editorial, en La Voz de Galicia.
Edita EDIÇOES DE GALIZA (selo editorial específico para Galiza da portuguesa POLÍFONA EDIÇOES, que ven de publicar outro traballo que trata outro asunto específico do país galego: As tribos calaicas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.