"Hai moito tempo, cando China estaba dividida en tribos, cada unha delas adoitaba elexir un espírito protector. Cada un deses espíritos tiña algo en común coa súa tribo: se ésta era de pescadores, o espírito era un peixe; se de xinetes, un cabalo; e os cultivadores de arroz elexiran o búfalo de auga que lles axudaba a cotío no seu labor. Pero, ademais de confiar nos espíritos para que as protexera, as tribos tamén loitaban entre sí no seu nome; e tanto pelexaban que os nenos, fartos da guerra, decidiron crear un espírito que representase a todas as tribos e as protexese a todas …Tomaron o corpo da serpe e pegáronlle as escamas do peixe. Colleron a cabeza do cabalo e puxéronlle os cornos do búfalo. Logo xuntaron a cabeza e o corpo, e engadíronlle as patas do paxaro […] e a aquel animal fabuloso chamáronlle dragón... Dende entón o dragón é para os chineses o símbolo da paz.
"Ésta é a historia que narra o libro e faino en galego ou castelán e tamén en chinés, utilizando a caligrafía que se aprende nas escolas dende hai máis de mil cincocentos anos e con ilustracións inspiradas nos gravados chineses. Está concebido como unha obra de arte e feito para disfrutar coa súa lectura (o tacto do papel é unha marabilla), conseguindo ademais algo difícil neste tipo de libros: chegar ós pequenos ós que en principio vai dirixido ; para eles está pensado o despregable que trae o final co que se pode practicar a caligrafía chinesa, colorear un gravado ou , incluso, crear un xogo de memoria. É fantástico como fonte de inspiración para realizar actividades artísticas. Precioso."
[Texto, Marie Sellier, coautora do libro]
[Edita FAKTORIA K. La misma editorial ha publicado la versión en castellano]
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.