28 oct 2008

"A porta de Mayo"

Pódese gañar unha guerra e perder todas as batallas. Podénse gañar todas as guerras e perder todas as batallas dunha familia. Ata a loucura, ata a morte. Unha tumba nun prado, a carón dun torreón. Patricio Mayo inventa cada vez unha historia distinta para agachar a súa verdade. Desde o corpo do seu devanceiro, o nobre irlandés Patrick O’Mayo, que quixo unirse á terceira cruzada de Corazón de León pero equivocouse de costa para desembarcar en Galicia, ata os mortos máis innomeables da guerra civil.
Clara e Manuel escriben unha novela sobre o seu devanceiro, o despistado e desmesurado irlandés, mais viven ao mesmo tempo a tragedia final dunha familia condenada á desaparición. E a tumba do prado do torreón, o seu escuro segredo, leva a atoparse con todos os fantasmas dos Mayo. Ata a loucura, ata a morte.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.