1 oct 2008

"Plastilina nos pulmóns"

De cando en vez, aínda que en CDL intentamos estar ao día do noso traballo, escápasenos algún título que non se debería escapar, sobre todo tendo en conta que o seu autor é de interese literario e, ademáis, amigo.
Este é o caso de Plastilina nos pulmóns, de Santiago Jaureguizar, error imperdoable que agora arranxamos.
O relato, ao marxe dos méritos literarios, ten moitos atractivos: Nos anos 80, Annapurna, unha moza galega, acompaña ao seu pai ao Himalaia, pois o home organiza unha expedición para procurar a cámara de fotos de George Mallory, que probaría que o inglés foi o primeiro montañeiro en coroar o Everest.
Agora é Namche, o fillo de Annapurna, quen, así que cumpre 18 anos, viaxa ao Tibet para desenguedellar os misterios daquela expedición, coñecer as súas consecuencias e saber máis do seu admirado avó Tomás. Para iso deberá afastarse do seu mundo, inclinacións xenófobas incluidas. E, no seu pescudar, chegarán respostas inesperadas.
Edita EDELVIVES
[Por certo, un bico para o neno que máis sabe de coches, Antón "Pirulero" Jaureguizar Lombardero]

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.