26 sept 2009

"Mercurio", unha de policías no Lugo de onte e de hoxe

Mercurio é un thriller ambientado en Lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, e que é unha persoaxe mediática e famosa grazas á televisión. Por esta novela de Emilio Alonso Pimentel desfilan tamén un morto, policías, forenses, namorados e, por riba, abundan as anécdotas que o protagonista vai contando ao longo da narración.
O Lugo no que esta historia se desenvolve é unha cidade actual con importantes referentes do pasado, pero no que pervive un miserable ambiente moral, social e cultural, o que se respiraba na cidade na década dos anos sesenta e primeiros setenta, prevalecendo vellos hábitos e rutinas que son descritas en Mercurio cunha hábil mestura entre novela policíaca e costumista. O humor e a retranca do protagonista, posuidor dunha dobre moral, máis a homenaxe sentimental que o autor fai á súa cidade, converten esta novela nun texto de lectura agradable, amena e divertida.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.