28 abr 2010

"En castellano no hay problema"

O autor
O vindeiro 8 de maio será presentado na Feira do Libro de Santiago En castellano no hay problema, compilación de artigos de Carlos Callón, membro da Mesa Pola Normalización Lingüística, nos que fala dos feitos e da política lingüística que se aplicou en Galicia desde o ano 1997 até hoxe, e cos que o autor só pretende fomentar a reflexión sobre a necesidade obxectiva de impedir a desaparizón da lingua.
Segundo ten manifestado o autor do libro nun artigo que publicou Galicia Hoxe, ademáis de no seu blog, "neste libro recóllense diferentes textos sobre a situación lingüística de Galiza, nos cales se sinalan os problemas máis importantes para a recuperación e extensión social do idioma galego en diferentes ámbitos, mais tamén se propoñen alternativas, tanto a nivel institucional como individual".
Nos seus textos, Callón tenta transmitir "unha análise da situación lingüística do noso país lonxe dos narcóticos e prexuízos máis habituais. É unha radiografía descarnada, mais non catastrofista, xa que parte da convicción de que hai que coñecer a realidade para transformala".
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.