"Os cadernos da ira alberga dúas obras xa publicadas, Prego de cargos (1991) e De mañá qué medo (Tristura e paixón en Compostela) (1993), e unha inédita, Crónica do espanto (Galiza 1936). Deste xeito, Xosé María Álvarez Cáccamo compila a súa obra de xorne social e civil máis acentuado.
"Autor dunha ampla e unitaria obra poética, Álvarez Cáccamo pertence á denominada xeración dos oitenta. A crítica advirte que a pesar de certos trazos temáticos e estilísticos comúns, os poetas desta xeración (Manuel Forcadela, Claudio Rodríguez Fer, Pilar Pallarés, etcétera) amosan características propias capaces de configurar unha estética poética singular dentro do grupo. A poesía de Álvarez Cáccamo presenta dúas liñas temáticas fundamentais: a intimista e a social. N’Os cadernos da ira conflúen en perfecta harmonía ambas tendencias. O poeta conxuga con mestría motivos socias e temas propios da súa poética máis íntima coma o paso do tempo e o seus efectos, os escenarios familiares ou a lembranza do pai.
"Encabeza a obra un enérxico e explicativo limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín titulado Hemorraxia interna no que, tras unha lembranza emotiva do poeta, comenta e gaba os aspectos máis salientábeis de cada un dos poemarios."
LER MÁIS, en PRAZA DAS LETRAS.
Edita ESPIRAL MAIOR
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.