Doce anos despois da primeira edición, en 1998, sae de novo ao mercado Amigos sempre, a novela de Afonso Eiré que narra a represión e os abusos que se viviron nun seminario da provincia de Lugo a finais dos anos sesenta: "No libro relato a particular pedagoxía, a represión lingüística e o ataque aos valores culturais de Galicia e máis a represión que sufrimos os seminaristas, algúns deles víctimas tamén de abusos sexuais", segundo ten explicado o autor.
Os casos de menores que sufren ou sufriron abusos por parte de curas son un tema de actualidade e mesmo están a ocupar as primeiras páxinas dos xornais. Nembargantes, en Galicia no se coñecen sucesos de ese tipo: "En Galicia non estamos a vivir esa polémica porque a estrutura familiar tivo e aínda ten moita importancia; todo o mundo se coñece e hai uns anos se alguén padeceu abusos, a víctima e a súa familia fixeron un esforzo para esquecer o asunto".
Os casos de menores que sufren ou sufriron abusos por parte de curas son un tema de actualidade e mesmo están a ocupar as primeiras páxinas dos xornais. Nembargantes, en Galicia no se coñecen sucesos de ese tipo: "En Galicia non estamos a vivir esa polémica porque a estrutura familiar tivo e aínda ten moita importancia; todo o mundo se coñece e hai uns anos se alguén padeceu abusos, a víctima e a súa familia fixeron un esforzo para esquecer o asunto".
Eiré tamén puntualizou que os feitos que expón na novela teñen que ser analizados como parte da memoria histórica colectiva, "como a historia dunha xeneración de xóvenes que abandoaron a aldea para ir ao seminarios coa finalidad de estudar unha carreira universitaria".
Afonso Eiré narra o que viviu e o que lle contaron os seus compañeiros, o que sufriu e o que durante a súa estancia no establecimiento católico imaxinou que estaba a ocurrir entre as paredes do seminario lucense: "Moitas das cousas que conto as vin, ademáis narro feitos que escoitei dos seminaristas do meu curso, os que entramos no ano 66, e tamén hai anécdotas que nun tempo eu pensei que foran froito da miña imaxinación pero que co paso dos anos descubrín que foron reais". O autor ten a convición de que grazas a que asiña foi expulsado do seminario "non teño sufrido nengún trauma, pero hai quen non quere lembrar o que viviu".
Edita GALAXIA
Eiré: Eu coma ti, tamén estiven no Seminario de Lugo nos mesmos anos e no mesmo curso. Ainda non puiden ler o libro, senón tan só miralo a saltos e paréceme que no asunto da pederastia te sobrepasas algo. Persoalmente tiven experiencias máis profundas cas túas e nese asunto teño visto cousas raras pero non tanto como a compañeiros chorando en solitario por "feitos invisibles". Xa ben me acordo dos "neniñas", porque no noso curso había dous ou tres, pero a maioría eramos fillos de agrestes labregos, daqueles labregos do triste franquismo e falabamos unha lingua que os "superiores" non querían ver nin en pintura.
ResponderEliminarFelicítote polo libro e polo traballo que fixeches meténdote na historia interna de algo que é case subconsciente para nás hoxe en día.