19 ago 2010

"Códice Calixtino"

O Códice Calixtino é unha das xoias da cultura europea e galega. Conservado na catedral de Santiago de Compostela, os seus contados --atribuídos ao papa Calisto II, aínda que sen probas-- foron recopilados desde o ano 1160. Nel se conservan textos litúrxicos, narración de miragres, descripcións dos camiños a Santiago e apoloxéticas do rei Carlomagno. Trátase dun texto que axuda a coñecer a historia da Galicia medieval.
Esta é a primeira edición do Códice Calixtino traducido integramente á lingua galega, traballo que fixo Xosé López Díaz.
É unha obra de referencia para entender o desenvolvemento e as orixes da cultura xacobea e esta primeira edición na lingua das terras de Santiago inclúe ilustracións do artista Francisco Leiro.
O Codex Calixtinus é o título que se lle dá ao manuscrito máis antigo, o que se conserva da catedral de Santiago, por aparecer nel o papa Calisto II, que foi un gran benfeitor do referente compostelán. O texto, que ao marxe do seu valor histórico, é ecléctico e de difícil lectura, está dividido en cinco libros e una serie de apéndices de extensión e contidos moi diferentes, todos eles dedicados á exaltación do universo xacobeo.
Edita A NOSA TERRA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.