22 oct 2007

"Antigüidades de Galicia"


O libro é unha tradución ao galego da obra de Ramón Barros Sivelo, publicada en 1875. Obra rescatada para un mellor coñecemento do noso pasado histórico, que neste caso se remite ata os inicios da nosa era, os tempos dos pobos castrexos e a chegada dos romanos, coa súa posterior repercusión na vida dos nativos galegos.
Nestas páxinas se nos presenta una estudo científico de campo sobre as antigüidades de Galiza, onde se aunan no mesmo texto de forma sinxela e amena as fontes clásicas e os profundos traballos arqueolóxicos efectuados polo seu autor.
Esta obra é un dos primeiros traballos que, de forma global e referido exclusivamente a Galiza, aborda os vestigios arqueológicos romanos e prerromanos, cegando á época cristiá e tomando como fundamento e tronco do estudo as fontes dos historiadores romanos; facendo á súa vez unha acertada crítica ás fontes históricas, que só son aceptadas como válidas se se poden refrendar con probas arqueológicas recollidas nos seus traballos de campo.
Edita TOXOSOUTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.