18 oct 2007

"A lúa dos Everglades"


Antón, Dosinda e Luís, os Quintelo, tres velliños gallegos, que foran propietarios da panadería A Primavera, aparecen asasinados na súa casa de Primeira Xunta 780, no barrio bonaerense de Belgrano.
O mozo funcionario e escritor Andrés Leiro amiga con Manuel Eiras, un seu veciño xubilado que vive aparentemente só en Madrid dende hai varias décadas. A lúa escintilaba por riba dos Everglades, cando Aurora, que regresaba encabuxada e medosa de limpar unhas oficinas, é atacada na Down Town de Miami…
A lúa dos Everglades, de Xosé Manuel Marcos, é unha novela de intriga na que amodiño van converxendo, baixo a banda sonora temas de Os Tamara, tres historias moi emocionantes de amores e rancores, aparentemente sen vencello entre elas, dos menbros dunha familia de emigrantes galegos espallados polo mundo.
Tres historias de saudades, tres relatos de exilios sentimentais escritos cunha prosa punxente e inusualmente fermosa. Unha emocionantísima novela sobre a emigración galega.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.