Rubén Ruibal ven de gañar o Premio Nacional de Literatura Dramática 2007. O actor, escenógrafo e dramaturgo galego obtivo o premio pola obra Limpeza de sangue, publicada pola editorial Xerais e o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM). O mesmo traballo xa foi galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais.
O premio, concedido anualmente polo Ministerio de Cultura e que conta cunha dotación de 15.000 euros, distingue unha obra de autor español publicada durante o ano anterior escrita en calqueira das línguas oficiais do Estado.
Ruibal pertenceu durante dez anos á compañía Teatro do Aquí, colaborando co desaparecido Roberto Vidal Bolaño (nada que ver co tamén falecido escritor Roberto Bolaño), a quen rinde homenaxe en Limpeza de sangue. O texto non está traducido ao castelán e aínda non se representou: "Teño a esperanza de que este premio propicie a estrea da obra e tamén a súa tradución e publicación en castelán", ten comentado Ruibal.
LIGAZÓN ao artigo "Realismo sucio e sangue limpo", de Inma López Silva, publicado na web Cultura Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.