1 abr. 2008

"Incertos"

Estes contos Incertos, de Antón Dobao, apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente é real e a realidade habita outras dimensións.
Nestes relatos, os personaxes non son apenas monecos nas mans dun fado caprichoso, senón que tecen a súa vontade, cos seus temores, cos seus actos o os seus desexos, as encrucilladas en que se verán atrapadas as súas vidas.
Para o lector, o inesperado accede en toda á súa naturalidade, con toda a crueldade, con absoluta fereza; fai agrumar os recantos menos coñecidos evidenciando o principio de incerteza. Mais sobre todas estas historias aboia inevitablemente aquilo que nos caracteriza como humanos: A necesidade de comunicar, de amar, de negar a presenza imperial da morte. E as múltiples faces do poder.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.