4 abr 2008

"Sociedade ribadense (1900-1936)

Non é un libro novo, xa foi editado no ano 1999, pero despois de estar uns anos esgotado pódese volver conseguir nas librarías.
En Sociedade ribadense (1900-1936) atopámonos cun exhaustivo repaso a todo o tecido social de aquel Ribadeo cidadán e participativo, pois José Mª Lombardero Rico relátanos unha crónica directa, desprovista do corsé academicista que tanto dificulta a letura e a compresión de moitos textos históricos.
Neste completo paseo polas sociedades ribadenses de primeiro terzo do século XX o lector cruzarase varias veces con parecidos ou idénticos nomes e apelidos: como nos paseos de domingo ou de camiño do faro. Serán estes cidadáns coprotagonistas de tantas iniciativas que conformaron o tecido social ribadense de esa época.
Así coñeceremos, por ejemplo, a sociedade obreira La Prosperidad, A Concordia, o asociacionismo agrario, o Ateneo Biblioteca Popular, a Biblioteca Popular Circulante, os partidos republicanos, a Sociedade Filantrópico-Dramática, o Círculo de Recreo, a Tertúlia de Confianza, o Ribadeo Fútbol Club, La Piña, etcétera.
Edita NIGOBA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.