Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional: A reconstrucción do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuizos sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidaridade Antifeixista Galega, xunto con Castelao.
Tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega, e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos Velo, que foi “xérmolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego”, en palabras do historiador Elixio Villaverde.

Este é un relato trepidante de feitos históricos, políticos, diplomáticos e bélicos, que constitúe unha grande achega á nosa memoria colectiva.
Edita XERAIS
Edita XERAIS
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.