1 nov. 2009

"Pirata", a biografía novelada de Mary Read

A historia de Mary Read, que conseguiu vivir como un home nun ámbito como o da piratería, inspirou a María Reimóndez para escreber Pirata. A escritora regresou esta semana a súa cidade-berce, Lugo, para presentar a obra.
A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do barco pirata Williams. Despois da guerra en Flandres, da súa infancia como criado, das súas aventuras na mariña mercante, ao fin atopou a súa identidade como bucaneira. Mais se cadra, a súa busca non está completa, se cadra aínda lle queda moito por contar. Na súa historia falta aínda a coraxe de Anne Bonney e as preguntas que nin sequera Madame Ébano foi capaz de contestar. Están todas aínda abertas no mar. Pirata é unha novela que fala da busca da identidade, da loita atroz pola liberdade en tempos difíciles e da esperanza de poderse sentir no fogar, mesmo nos lugares máis insospeitados. No marco do século XVIII as personaxes de Pirata deixan no mar estelas que falan das múltiples posibilidades da vida.
INFORMACIÓN da presentación do libro, na que partipou a autora, en EL PROGRESO.
Edita XERAIS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.