27 oct 2006

"As fontes de Ribadeo"

Xa está na rúa outro texto da serie Temas de Ribadeo, unha iniciativa que é necesaria para facer memoria e coñecer o ámbito no que estamos a vivir, cousa sempre positiva para que a vila gañe sentido de colectividade.
As fontes de Ribadeo é un traballo de doble autoría: Alicia Sarmiento (membro da directiva da Asociación Cultural Francisco Lanza) e Teresa Díaz (profesora de Física e Química no Instituto Porta da Auga, ex presidenta da A. C. Francisco Lanza e autora de numerosos traballos sobre a natureza ribadense e as rutas de senderismo do concello, textos que foron publicados en La Comarca del Eo).
As fontes de Ribadeo é o segundo número da colección, o anterior foi Do vello Ribadeo, de Eduardo Gutiérrez.
O traballo de Sarmiento e Díaz abrangue 14 rutas que discorren polas parroquias de Arante, Cedofeita, Couxela, Cobelas, A Devesa, Ove, Piñeira, Rinlo, Vilaframil, Vilaosende e Vilaselán; con tres capitulos adicados á vila (Por Figueirúa á vella vila, Arredor da muralla e Paseando).
Ademáis das rutas, o libro recolle datos históricos e bibliográficos, fotografías e interesantes historias que as autoras roubaron dos beizos da veciñanza, o que enriqueceu o seu traballo e serviu para descubriren a localización dalgunhas fontes, pois hainas que acusan un lamentábel abandono e mesmo ás veces están cubertas de vexetación.
Edita ASOCIACIÓN CULTURAL FRANCISCO LANZA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.