Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga, que é o elemento que fecunda a memoria, axiña aparece un fogo destrutor e as labaradas do odio. Así comeza Os libros arden mal, a agardada macro-novela de Manuel Rivas (800 páxinas), que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os século XXI, entre o falecemento de George Borrow e a morte dun vello anarquista galego chamado Polca.
Esta obra, como moitos dos personaxes que nela habitan, podería levar o histórico aviso de Luís Vives: “Non se pode falar nin calar sen perigo”.
O protagonismo de Os libros arden mal é da linguaxe, das verbas que forman parte e representan as cousas tanxibles, como se foran ósos, ollos, xeonllos ou dedos.
O texto de Rivas é unha loita entre as palabras feitas para dominar e as palabras eivadas, entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra, entre a linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular.
No libro e nos seus protagonistas principias hai feitos e linguaxes dogmáticos, os propios da relixión e verbas libres, as da fala carnal e erótica do entroido.
Trátase dunha obra que intenta pescudar por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogmas. Son tres historias de amor reais, ao tempo que cheas de simbolismo.

Editan XERAIS (en galego) e/y ALFAGUARA (en castellano)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
* CDL admite comentarios anónimos siempre que NO incluyan insultos ni difamaciones.
* CDL admite comentarios anónimos sempre que NON inclúan insultos nin difamacións.